Deputación de Lugo
Turismo

O Presidente participou nas actividades do programa Saborea a túa provincia en Guitiriz

Deputación de Lugo
Guitiriz
saborea a tua provincia
Programa Saborea a túa provincia en Guitiriz

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado nas actividades organizadas en Guitiriz dentro do programa Saborea a túa provincia, da institución provincial, xunto á Alcaldesa da localidade chairega, Marisol Morandeira. O cociñeiro do Mesón Colón de Nadela, Santi Almuiña, estivo a cargo da demostración culinaria coa preparación de touciño de Porco celta glaseada con pementos de Mougán e os seus crocantes. Durante a xornada tamén se levaron a cabo talleres de cociñado para os máis pequenos, unha charla informativa sobre a Galiña de Mos, animación musical, maxia e sorteos e degustación de produtos da provincia.