Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inviste 133.000€ para continuar coa mellora da estrada de Monforte a Currelos

Rede provincial de estradas
Monforte de Lemos
Currelos
Imaxe deputación de lugo
Levarase a cabo a rehabilitación do firme entre o punto quilométrico 6,920 e o 10,400 da vía provincial LU-P-3202, moi utilizada pola veciñanza monfortina e do Saviñao

Unha vez realizada esta obra quedará renovada en oito quilómetros, dende o punto 2,6 ata o 10,4, gracias a un investimento conxunto da institución superior aos 400.000€

A Deputación de Lugo vén de adxudicar a licitación das obras de rehabilitación dun novo tramo do firme da estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo de Currelos, no concello do Saviñao. Estes novos traballos levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 6,9 a 10,4 e contan cun investimento de 133.100€.

Unha vez rematada esta actuación, a vía quedará mellorada case en oito quilómetros, dende o punto 2,6 ata o 10,4. A institución provincial leva investidos máis de 400.000 euros na rehabilitación desta vía provincial, que conta cun importante valor social ao tratarse dun traxecto moi utilizado polos veciños e veciñas de Monforte e do Saviñao. 

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca incidiu en que “a mellora da rede de estradas provinciais é unha das liñas de actuación prioritarias deste Goberno á que se lle adicamos 16M€ nos Orzamentos”. “A mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural”, recordou o mandatario provincial.