Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Mónica Freire participou na entrega de premios da Feira de Razas Autóctonas do Valadouro, que se retomou con éxito de participación e asistencia

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
FEIRA RAZAS AUTÓCTONAS VALADOURO

A deputada Mónica Freire participou este sábado na entrega de premios da Feira de Razas Autóctonas do Valadouro, organizada polo Concello do Valadouro co apoio da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Tras unha xornada con mercado de gando e diferentes  certames e exhibicións de animais das razas tradicionais, a organización repartiu máis de 4.000 euros entre os mellores lotes e exemplares entre as gandeirías participantes, chegadas de toda Galiza. 

Recoñecéronse os tres mellores lotes de cabalos de pura raza galega, rubia galega, ovella galega, cabra galega, porco celta e burro fariñeiro e entregáronse tamén galardóns aos mellores exemplares de Rubia Galega e Morenas do Noroeste.

Mónica Freire sinalou a necesidade de manter "estas feiras para apoiar as gandeirías de razas autóctonas e dar a coñecer ao público a importancia do seu traballo na conservación das razas e do territorio, e tamén a calidade dos produtos" e  felicitou "á área de Medio Rural do Concello do Valadouro por retomar o evento depois de dous anos sen celebrarse"

Ademais de apoiar a organización da Feira no Valadouro, a través dun convenio co Concello, a área de Medio Rural  mantén colaboracións coas distintas entidades que velan pola conservación das razas autóctonas como Puraga, Asoporcel, Boaga ou Acruga.