Deputación de Lugo
Economía

O Presidente asiste á entrega do Premio Aresa ao Centro de Promoción Rural Fonteboa de Coristanco

PREMIO ARESA

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres á entrega do XXII Premio Aresa de desenvolvemento rural, que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo. Este ano, o recoñecemento recaeu sobre o Centro de Promoción Rural Fonteboa, de Coristanco, unha escola de formación de agricultores e gandeiros. 

Ao acto asistiron, entre outras autoridades, o reitor da USC, Antonio López; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez; o director xeral de Agacal, José Luis Cabarcos Corral; a vicerreitora de coordinación do Campus de Lugo e secretaria do xurado, Montserrat Valcárcel; e a presidenta da Asociación Nacional de Enxeñeiros Agrónomos, María Cruz Díaz Álvarez, quen ofreceu a conferencia Desenvolvemento rural e desenvolvemento do campo. 

O premio, que convocan o Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela chega ás 22 edicións e ten unha dotación económica de 10.000€.