Cultura
Deputación de Lugo

Maite Ferreiro asistiu ao acto final da campaña de micromecenado Minerais contra o cancro na Facultade de Veterinaria

Maite Ferreiro

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, asistiu esta tarde ao acto final da campaña de micromecenado Minerais contra o cancro que investigadores do Campus Terra e do Hospital Universitario Lucus Augusti puxeron en marcha para financiar un proxecto de investigación centrado en analizar o papel dos minerais na incidencia de certos tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de radioterapia e quimioterapia para mellorar a calidade de vida dos e das pacientes.

O equipo promotor do proxecto recaudou máis de 51.000 euros a través da campaña de micromecenado que puxeron en marcha na plataforma de participación da Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) Precipita, en cuxa dinamización involucraron a institucións e entidades públicas e privadas.

A Vicepresidencia da Deputación doou para a campaña tres lotes de libros – de arte e fotografía, de etnografía e historia local e para público infantil- que se sortearán entre as persoas que participaron no micromecenado.