Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acollerá este martes unha nova edición de Con Voz de Muller polo Día da Muller Rural

con voz de mujer
A Deputación de Lugo e a Cadena Ser organizan no Salón de Actos da sede provincial, ás 19:00 horas, un espazo de comunicación e inspiración no que se escoitarán voces de mulleres que desenvolven a súa vida arredor do mundo rural

O Presidente pechará unha gala que dirixirá a xornalista Lara Salgado e que contará con tres mesas redondas, actuacións musicais da man de Sara Nebra e un pequeno coloquio entre a Deputada de Muller e Igualdade e a Alcaldesa de Lugo

A entrada é gratuíta e debe retirase a invitación no seguinte enlace: https://entradas.cadenaser.com/event/con-voz-de-muller/deputacion-de-lugo/3186761

A Deputación de Lugo e a Cadena Ser organizan este martes, 15 de outubro, unha nova edición do foro Con Voz de Muller. Coincidindo co Día Internacional da Muller Rural, o Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá ás 19:00 horas, un espazo de comunicación e inspiración de mulleres moi vencelladas ao rural. O Presidente, José Tomé Roca, pechará unha gala que dirixirá a xornalista Lara Salgado e que contará con tres mesas redondas, actuacións musicais da man de Sara Nebra e un pequeno coloquio entre a Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, e a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos.

 

A entrada é de balde. As invitacións poden retirarse no seguinte enlace: https://entradas.cadenaser.com/event/con-voz-de-muller/deputacion-de-lugo/3186761

 

A cita que contará con testemuños reais de mulleres como a de Verónica Marcos, presidenta de FADEMUR; Rosa Romero, a primeira muller en dirixir a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo; ou Josefa León, a directora de competitividade estratéxica de AGROAMB. Falarase tamén de emprendemento dende o rural con María Bouzas e Chusa Expósito, que compartirán as súas experiencias en primeira persoa como responsable dos proxectos Tataraboas ou a cooperativa Milhulloa.

 

Pasarán tamén polo Salón de Actos da Deputación de Lugo figuras do mundo da arte como Melania Cruz, Esther López e Idoia Cuesta.  O programa completo:

 

• Apertura da gala coa Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos e a Deputada Provincial de Igualdade, Marisol Morandeira

• Actuación musical a cargo de Sara Nebra

• Mesa redonda A muller rural como motor do cambio coa participación de Verónica Marcos, presidenta de FADEMUR; Rosa Romero, directora EPSE Lugo; e Josefa de León, Directora de CompetitividadeEstratéxica en AGROAMB.

• Mesa redonda Conversas en primeira persoa. Deixandopegada: emprender no rural, que contará con María Bouzas, emprendedora con Galletas Tataraboas; Chusa Expósito, emprendedora na cooperativa Milhulloa.

• Actuación musical a cargo de Sara Nebra

• Mesa Redonda O rural como refuxio artístico, Melania Cruz, actriz; Sara Nebra, cantautora; Esther López, fotógrafa; Idoia Cuesta, cesteira.

• Peche da xornada a cargo de José Tomé, Presidente da Deputación de Lugo.