Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación visibiliza o dano cerebral adquirido na xornada que conmemora o Día Mundial desta lesión

adace

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro; e o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias; sumouse este sábado á conmemoración do Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido respondendo á campaña de visbilización que organiza a asociación Dano Cerebral de Galicia. O tema central deste ano é a creación dun código diagnóstico ao alta hospitalaria que identifique ás persoas con dano cerebral adquirido para garantir a súa continuidade asistencial logo de deixar o hospital.

Pablo Rivera tamén participou, na Praza Maior de Lugo, na lectura do manifesto sobre esta doenza que organizou a Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo (ADACE). O Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido se celebra cada 26 de outubro co obxectivo de concienciar á sociedade sobre este tipo de lesións e as secuelas que poden producir. 

adace