Deputación de Lugo

A Foliada da Fonsagrada chega á súa novena edición consolidándose como unha cita referente na tradición e a cultura galega

FOLIADA DA FONSAGRADA
Carlos López
Presentación da IX Foliada da Fonsagrada
- O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, presentou este martes no Salón de Plenos da Casa Consistorial do municipio montañés a programación desta cita que se celebrará desde o 5 ata o 7 de decembro

O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, xunto á Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro Fernández, presentou este martes no Salón de Plenos da Casa do Concello da Fonsagrada a novena edición da Foliada da Fonsagrada que se celebrará desde o 5 ata o 7 de decembro no municipio montañés. No acto de presentación deste evento, co que colabora a Deputación, tamén participaron os membros da Asociación Cultural Petapouco e a Destempo -organizadores da cita- Marta Álvarez e Jorge López.

Carlos López convidou a todas as persoas a achegarase ata A Fonsagrada “dende este xoves para desfrutar dunha completa programación de actividades na que se inclúen obradoiros musicais e de baile tradicional, concertos e mesmo unha Feira de Artesanía”. O Deputado e Alcalde fonsagradino tamén fixo referencia ao éxito da Foliada pois “é un orgullo para nós ver que este evento, co que poñemos en valor a tradición e a cultura galega, atrae ano tras ano a numerosos veciños chegados de diferentes puntos da provincia e da comunidade asturiana”. 

Programa


Xoves, 5 de decembro


- 11:00 horas: Ruta dos pintores.
- 17:00 horas: obradoiro de Iniciación á pandeira (impartido por Ismael Carcedo) e obradoiro de baile do centru d’asturies: jota, saltón e muiñeira (a cargo de Luis Ángel Fernández).
- 21:30 horas: Butelada.

Venres, 6 de decembro


- 12:00 horas: Cantos de taberna.
- 20:00 horas: obradoiro de baile.
- A partir das 21:00 horas: concertos de Maricarme, El Naán Trío, Ana Lua Caiano.

Sábado, 7 de decembro


- 11:00 horas: apertura da Feira de Artesanía.
- 12:00 horas: presentación do libro Alborada en Vilaquinte, de José Ramón González Pérez e actuación do Grupo Bouba.
- 12:30 horas: demostración de olería de Buño.
- 13:30 horas: actuación de Candorka Trío.
- 17:30 horas: concerto de Axeigo.
- A partir das 21:00 horas: concertos de Mediarea, Xosé Lois Romero e Aliboria, Fillas de Cassandra e Llevólu´l Sumiciu.