Lugo pon o broche de ouro á campaña Merca en Nadal, Merca en Local coa última xornada de compras
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres en Lugo na última xornada de compras da campaña Merca en Nadal, Merca en Local, a iniciativa posta en marcha pola institución provincial e a Federación Galega de Comercio para incentivar as compras nos negocios da provincia durante o Nadal. Rivera Capón acompañou, xunto ao Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o Concelleiro de Dinamización Económica do Concello de Lugo, aos gañadores do terceiro sorteo desta campaña, que se celebrou o pasado 19 de decembro na Praza Maior de Lugo.
No evento participou Mª Jesús Rodríguez Rodríguez, premiada con 500€; Ana Cordero Rodríguez, que acadou os 1.000€; e Ivan Rivera Corral, que conseguiu os 3.000€. Con esta última xornada de compras, celebrada na cidade de Lugo, remata a campaña Merca en Nadal, Merca en Local,financiada pola Deputación cunha achega de 50.000€, e na que se repartiron un total de 13.500€ en premios.