Deputación de Lugo

A Deputación súmase ao minuto de silencio en repulsa polos crimes machistas de Burgos e Palma de Mallorca

Pablo Rivera Capón
minuto de silencio
Minuto de silencio

A Deputación de Lugo amosou a súa enérxica repulsa polas dúas mulleres asasinadas presuntamente polas súas parellas na localidade de Salinillas de Bureba, en Burgos, e no municipio de Puigpunyent, en Palma de Mallorca. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto á Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, os Concelleiros e Concelleiras da Corporación Municipal de Lugo e veciños e veciñas da cidade gardaron un minuto de silencio diante da Subdelegación do Goberno en Lugo. Tras a confirmación destes dous casos o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero neste 2025 ascende a 6 e a 1.300 desde que se iniciaron os rexistros oficiais en 2003.