Programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios para o ano 2023
Axudas de concorrencia competitiva para sufragar gastos derivados de investimentos/equipamentos (inversións) coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal dentro do programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios.
Nesta edición do ano 2023, a Deputación de Lugo dispón dun crédito orzamentario de 300.000,00 euros.
Os beneficiarios poderán ser:
- Persoas xurídicas: AA.VV., CMVMC, comunidades de usuarios de augas, asociacións de mulleres rurais e asociacións de gandeiros e agricultores ou de productores forestais.
- Agrupacións de veciños (Integradas por un mínimo de 3 persoas).
Os importes das subvencións a conceder estarán comprendidos entre 1.000,00 e 6.000,00 €, debendo ser financiado cando menos o 5% do custo da actuación subvencionada pola propia entidade beneficiaria.
XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO
Descarga das bases e modelos de solicitude
- SOLICITUDE DAS AXUDAS:
A documentación a presentar detállase na Base 11 das Bases da Subvención 2023 (formato pdf).
Descarga dos Anexos da SOLICITUDE da subvención:
- PERSOAS XURIDICAS:
Todo elo xunto co resto de documentación requirida.
- AGRUPACIÓNS:
As solicitudes poderán presentarse cos modelos normalizados dispoñibles nesta páxina Web, de forma telemática na Sede Electrónica da Deputación, de maneira presencial no Rexistro Xeral da Deputación Provincial ou nos rexistros previdos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Dende o 12/05/2023 ata 12/06/2023.
Se presenta a solicitude pola Sede electrónica da Deputación de Lugo:
Sede > Catálogo de Servizos>Trámites Xerais > Presentación de escritos > En datos Específicos (Servizo/Unidade): Plans Especiais.
XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO
- PUBLICACIÓN BOP (B.O.P. - Nº 285 - 14/12/2023 en pax. 1)
Prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente acordo no BOP de Lugo, para que os interesados poidan presentar alegacións.
OXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO
MODIFICACIÓN DAS BASES (B.O.P. - Nº 285 - 14/12/2023 en pax. 5)
MODIFÍCASE PRAZO DE EXECUCIÓN E DE XUSTIFICACION.
BASE 7 DE SUBVENCIÓN. GASTOS SUBVENCIONABLES, apartado 2:
AMPLÍOUSE O PRAZO DE EXECUCIÓN: Os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen do 15 de maio de 2023 ao 15 de abril de 2024.
BASE 13 DE SUBVENCIÓN. XUSTIFICACIÓN E ABOAMENTO DAS SUBVENCIÓNS:
AMPLÍOUSE O PRAZO DE XUSTIFICACIÓN: O Beneficiario deberá achegar, como data límite a 15 de xuño de 2024, a conta xustificativa que acredite a execución e os gastos derivados da actuación subvencionada.
XOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO
- PUBLICACIÓN BOP (B.O.P. - Nº 005 - 5/1/2024 en pax. 1)
OXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXOXO
- SOLICITUDE DE ANTICIPOS:
A documentación a presentar detállase na Base 8 das Bases da Subvención 2023 (formato pdf).
Descarga dos Anexos da solicitude de Anticipo
- XUSTIFICACIÓN:
A documentación a presentar detállase na Base 13 das Bases da Subvención 2023.
Descarga dos Anexos da xustificación da Subvención
FORMATOS PDF:
FORMATOS EDITABLES (odt) (se precisa incluir mais de 4 facturas no anexo II):