Menu toggle
Cooperación cos Concellos

Programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios para o ano 2021


Axudas de concorrencia competitiva para sufragar gastos derivados de investimentos/equipamentos (inversións) coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal dentro do programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios.

Nesta edición do ano 2021, a Deputación de Lugo dispón dun crédito orzamentario de 300.000,00 euros.

Os beneficiarios poderán ser:

- Persoas xurídicas: AA.VV., CMVMC, comunidades de usuarios de augas e asociacións de gandeiros e agricultores ou de productores forestais.

- Agrupacións de veciños (Integradas por un mínimo de 3 persoas).

Os importes das subvencións a conceder estarán comprendidos entre 1.000,00 e 6.000,00 €, debendo ser financiado cando menos o 5% do custo da actuación subvencionada pola propia entidade beneficiaria.

Os interesados poderán solicitalas no prazo dun mes dende a publicación no BOP.

Descarga das bases e modelos de solicitude

- SOLICITUDE DAS AXUDAS:

A documentación a presentar detállase na Base 11 das Bases da Subvención 2021 (formato pdf).

Descarga dos Anexos da solicitude da subvención

  • PERSOAS XURIDICAS (Anexo I, Anexo I-Continuación e Anexo II), xunto co resto de documentación requirida
  • AGRUPACIÓNS (Anexo I, Anexo I Continuación), xunto co resto de documentación requirida.

As solicitudes poderán presentarse cos modelos normalizados dispoñibles nesta páxina Web, na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Se presenta a solicitude pola Sede electrónica da Deputación de Lugo:

Sede > Catálogo de Servizos>Trámites Xerais > Presentación de escritos  > En datos Específicos (Servizo/Unidade): Planes Especiales.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICACIÓN BOP  (B.O.P. - Nº 288 - 17/12/2021 en pax. 2)

MODIFÍCASE A BASE 7 DE SUBVENCIÓN. GASTOS SUBVENCIONABLES:

AMPLÍOUSE O PRAZO DE EXECUCIÓN: Os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen do 1 de xaneiro de 2021 ao 30 de xuño de 2022.

x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-x-o-x-o-x

- NOVA PUBLICACIÓN BOP  (B.O.P. - Nº 121 - 28/05/2022)

Prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente acordo no BOP de Lugo, para que os interesados poidan presentar alegacións.

BASE 7: AMPLÍASE O PRAZO DE EXECUCIÓN: Os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen do 1 de xaneiro de 2021 ao 30 de SETEMBRO de 2022.

BASE 11: PRAZO DE XUSTIFICACIÓN: O beneficiario deberá achegar, como data límite o 31 de OUTUBRO de 2022, a conta xustificativa que acredite a execución e os gastos derivados da actuación subvencionada.

x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-x-o-x-o-x

- NOVA PUBLICACIÓN BOP  (B.O.P. - Nº 168 - 23/07/2022)

x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-o-x-x-o-x-o-x

 

- SOLICITUDE DE ANTICIPOS:

A documentación a presentar detállase na Base 8 das Bases da Subvención 2021 (formato pdf).

Descarga dos Anexos da solicitude de Anticipo

  • PERSOAS XURIDICAS (Anexo III), xunto co resto de documentación requirida
  • AGRUPACIÓNS (Anexo III), xunto co resto de documentación requirida.

 

- XUSTIFICACIÓN:

A documentación a presentar detállase na Base 13 das Bases da Subvención 2021 

Descarga dos Anexos da xustificación da Subvención

FORMATOS PDF:

  • AGRUPACIÓNS (Anexo I, II, III, e IV), xunto co resto de documentación requirida na (Base 13).

FORMATOS EDITABLES (odt) (se precisa incluir mais de 4 facturas no anexo II):

  • AGRUPACIÓNS (Anexo I, II, III, e IV), xunto co resto de documentación requirida na (Base 13).

 

Axenda Cooperación cos Concellos