CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2023
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 3 de marzo de 2023, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2023.
Estas entidades ou asociacións sen ánimo de lucro deben estar legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos planes das ditas Reservas.
Resolución definitiva
O día 17.08.2023 pubicase no B.O.P. de Lugo a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2023
Resolución definitiva da convocatoria (enlace ao BOP do 17.08.2023)
O acordo de resolución definitiva de concesión ou denegación das subvencións aos beneficiarios pon fin á vía administrativa polo que contra o mesmo cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación do referido acordo no BOP, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación do referido acordo no BOP, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso- Administrativa. Se optase por interpoñer recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime procedente.
Execución das actuacións
En canto á execución das actividades subvencionadas, segundo as bases da convocatoria, os beneficiarios da subvención incluirán a imaxe corporativa da Deputación de Lugo, e particularmente, do 50 Aniversario do Programa MaB e da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, segundo o caso.
Por último, o prazo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro do 2023.
Presentación da xustificación
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, as xustificacións formularanse de xeito electrónico, dirixidas ao Presidente de Deputación de Lugo, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, a través da Sede Electrónica da Deputación Provincial de Lugo, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1. da LPACAP.
A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario, e a súa presentación realizarase no prazo de tres meses a contar a partir da execución da actividade e, en calquera caso, rematará o 31 de marzo de 2024.
Para presentar calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude, na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Así mesmo,
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Para máis información:
Teléfono: 982 227 813
E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org
ancareslucenses@deputacionlugo.org
Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese:
Publicación anuncio convocatoria BOP 15.03.2023
Publicación anuncio resolución provisional BOP 26.07.2023
Publicación anuncio resolución definitiva BOP 17.08.2023
Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño
Plan de Acción da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
Modelos para a xustificación:
Anexo IV: Memoria conta xustificativa. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo V: Relación clasificada de gastos. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo VI: Declaración conxunta. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Logotipos a incluir na execución das actuacións
- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo