CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2026
En sesión celebrada o 27 de marzo de 2026, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2026.
Beneficiarios
Entidades ou asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas dos Plans de Xestión das referidas Reservas.
Obxecto
Estas subvencións están destinadas ao desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade de 2026, e cuxos fins contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas dos Plans de Xestión das referidas Reservas da Biosfera.
A convocatoria inclúe dúas liñas diferenciadas:
- A LIÑA 10.2 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño, do que forman parte os seguintes 26 municipios: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.
- A LIÑA 10.3 destinada á execución de actividades no territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, do que forman parte os seguintes 3 municipios: Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.
Gastos subvencionables
Os gastos subvencionables son gastos correntes (non se subvencionarán inversións), segundo a base 4 da convocatoria.
Nesta anualidade 2026 non se subvencionarán:
- Os gastos de comidas e restauración, salvo que a actividade subvencionada teña como obxectivo principal a posta en valor de produtos agroalimentarios orixinarios da Reserva da Biosfera e de maneira indubitada estes gastos respondan á natureza da actividade subvencionada (por exemplo, xornada de degustación de produto autóctono).
- Os gastos de actuacións musicais que non respondan ao obxectivo de promoción e difusión da música tradicional e do patrimonio cultural da Reserva da Biosfera.
Contía
A cantidade destinada para a concesión das referidas subvencións será de cento noventa mil euros (190.000,00 €):
A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:
|
IMPORTE MÍNIMO |
IMPORTE MÁXIMO |
|
1.000,00 € |
7.000,00 € |
Concesión definitiva (BOP nº 209 do 12.09.2026)
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión celebrada o 31 de xullo de 2026, acordou aprobar a resolución provisional da referida convocatoria de subvencións e notificar o acordo provisional aos interesados de acordo co previsto na base 10 da convocatoria, concedéndolles un prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do citado acordo de resolución provisional no BOP, para presentar alegacións.
O anuncio da resolución provisional publicouse o día 5 de agosto de 2026 no BOP de Lugo nº 177 e na web da Deputación Provincial (https://deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subv_activ_RRBB2026), non presentándose ningunha alegación no prazo concedido.
Polo tanto, de acordo co de acordo co punto 10 CONCESIÓN E COMUNICACIÓN das bases da convocatoria, o acordo de concesión provisional ten carácter definitivo e procedeuse á publicación do anuncio da resolución definitiva no BOP de Lugo nº 209 do día 12 de setembro de 2026 e na web da Deputación Provincial (https://deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subv_activ_RRBB2026).
Presentación da xustificación
Unha vez finalizada a acción ou comportamento e no prazo establecido, as entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o cumprimento da finalidade da acción ou comportamento subvencionado.
A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario/a, e a súa presentación realizarase no prazo de tres meses a contar a partir da execución da actividade e, en calquera caso, rematará o 31 de marzo de 2027.
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, a xustificación efectuarase na forma de conta xustificativa simplificada, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, que deberá ser remitida electronicamente a través da sede da Deputación ou a través dos rexistros establecidos no artigo 16.4 da LPACAP.
A xustificación da subvención realizarase mediante a remisión, por parte da entidade beneficiaria, da seguinte documentación debidamente asinada pola persoa responsable (os anexos están dispoñibles na páxina web da Deputación de Lugo e deben asinarse electronicamente).
Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Outros datos
O prazo máximo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro do 2026.
Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.
Para máis información:
Teléfono: 982 227 813
E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org
ancareslucenses@deputacionlugo.org
Bases da convocatoria, modelos de solicitude e outra documentación de interese:
Publicación anuncio convocatoria BOP 07.04.2026
Resolución provisional convocatoria BOP 05.08.2026
Resolución definitiva convocatoria BOP 12.09.2026
Modelo de renuncia da subvención concedida 2026
Modelos de presentación da conta xustificativa:
Anexo IV: Memoria conta xustificativa. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo V: Relación clasificada de gastos. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo VI: Declaración conxunta. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt
Outra documentación de interese:
Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño (2024-2034)
Logotipos a incluír na execución das actividades:
- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo