CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTOS QUE PROMOVAN A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2026

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 27 de marzo de 2026, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para proxectos de investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2026.

Beneficiarios

En xeral, poderán solicitar subvencións ao amparo desta convocatoria as entidades ou asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas, inscritas no rexistro público correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas dos Plans de Xestión das referidas Reservas.

Obxecto

Estas subvencións están destinadas a promover os proxectos de investimentos de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade de 2026, e cuxos fins contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas dos seus Plans de Xestión.

A convocatoria inclúe dúas liñas diferenciadas:

  • A LIÑA 10.2 destinada á execución de investimentos en municipios da Reserva da Biosfera Terras do Miño por parte de entidades asociativas sen ánimo de lucro con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído neste territorio, do que forman parte os seguintes 26 municipios: Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade.
  • A LIÑA 10.3 destinada á execución de investimentos en municipios da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses por parte de entidades asociativas sen ánimo de lucro con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído neste territorio, do que forman parte os seguintes 3 municipios: Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.

Gastos subvencionables

Terán a consideración de gastos subvencionables, aqueles considerados como investimentos (non se consideran subvencionables os gastos correntes) segundo a base 4 da convocatoria, que contribúan ao cumprimento dalgunha das accións dos Plans de Xestión das Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses, sempre que se enmarquen nunha das actuacións recollidas na base 1 da convocatoria.

Contía

A cantidade destinada para a concesión das referidas subvencións será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €):

  • A LIÑA 10.2 (Reserva da Biosfera Terras do Miño) está dotada con 100.000 €.
  • A LIÑA 10.3 (Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses) está dotada con 50.000 €.

A subvención que a Deputación Provincial pode conceder estará comprendida no intervalo establecido na seguinte táboa:

IMPORTE MÍNIMO

IMPORTE MÁXIMO

2.000,00 €

12.000,00 €

 

Bases reguladoras

As bases da convocatoria (así como os modelos de solicitude e de xustificación) pódense consultar na web da Deputación Provincial de Lugo:

https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subv_investim_RRBB2026

Outros datos

O prazo máximo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro do 2026.

Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.

Unha mesma entidade asociativa poderá concorrer nesta convocatoria á LIÑA 10.2 (territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño) e, do mesmo xeito, á LIÑA 10.3 (territorio da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses). Con todo, unha mesma entidade asociativa só poderá ser beneficiaria dunha única subvención en cada liña desta convocatoria e, do mesmo xeito, só poderá presentar unha única solicitude a cada liña.

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

Para máis información:

Teléfono: 982 227 813

E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

                ancareslucenses@deputacionlugo.org

Bases da convocatoria, modelos de presentación da conta xustificativa e outra documentación de interese:

Bases da convocatoria

Publicación anuncio convocatoria BOP 07.04.2026

Modelo de renuncia da subvención concedida en 2026

Solicitude de anticipo:

Anexo IV: Solicitude de anticipo. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt

Modelos de presentación da conta xustificativa:

Anexo V: Memoria conta xustificativa. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo VI: Relación clasificada de gastos. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt

Anexo VII: Declaración conxunta. Formato pdf (prema, descargue e garde). Formato .odt

Outra documentación de interese:

Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño (2024-2034)

Plan de Xestión da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (2024-2034)

Logotipos a incluír na execución dos investimentos:

- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo

- Imaxe Programa MaB UNESCO

- Imaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño

- Imaxe da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses​​​