Proxecto dirixido a desempregados que impulsa a realización de actividades formativas na loita contra a destrución de emprego e mellora nas condicións de vida da cidadanía
Dende a Deputación de Lugo preténdese impulsar a realización de actividades formativas que contribúan na loita contra a destrución de emprego e que permitan unha mellora nas condicións de vida dos cidadáns, acadando o desenvolvemento da sociedade e permitindo dinamizar a creación directa ou indirecta do maior número de postos de traballo a través da execución de proxectos cos que se fomente a formación de desempregados da provincia.
A Deputación de Lugo, no marco das competencias que lle outorgan os artigos 31 e 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, ten encomendada “(…) a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito (…)”.
A Escola de Organización Industrial (EOI) é unha fundación do sector público estatal adicada a formar profesionais, producir e difundir coñecemento e ofrecer servizos de valor a empresas, emprendedores e administracións, nos valores dunha economía aberta, social, verde e dixital.
A EOI desenvolve o Programa Operativo CCI2014ES05M9OP001, de Emprego Xuvenil vencellado ao desenvolvemento da Iniciativa de Emprego Xuvenil (YEI) do Fondo Social Europeo 2014-2020. As accións da EOI neste ámbito contan cunha financiación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
Deste xeito, ambas entidades colaboran para o desenvolvemento conxunto dos seguintes programas formativos que contan coa financiación do Fondo Social Europeo:
O proxecto Lugowork continúa en execución con novas accións formativas.
Estas son as empresas participantes en bolsas formativas: