O Pacto Provincial polo Emprego II (convocatoria 2011) é un proxecto de inserción socio- laboral que traballa para mellorar a empregabilidade dos desempregados en xeral, e dos desempregados con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral nos municipios da provincia de Lugo, agás o concello de Lugo (por ser beneficiario dun proxecto de similares características), mediante o desenvolvemento de itinerarios integrados de inserción socio- laboral.
A finalidade do proxecto é desenvolver itinerarios integrados de inserción socio- laboral dirixidos a ofrecer aos demandantes de emprego, e aos demandantes de emprego con dificultades para a súa inserción no mercado laboral, unha oportunidade de práctica profesional acompañada da formación específica axeitada; enfocados en actividades que respondan a necesidades locais xeneradoras de emprego, en particular no sector de atención a persoas con especiais necesidades tales como ancianos, persoas con discapacidade, enfermos, excluídos sociais ou persoas en risco de exclusión social, de cara á inserción laboral.
Os obxectivos do proxecto son:
• Promover a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.
• Implementar actuacións que axuden na creación de emprego estable e de calidade contribuíndo ao desenvolvemento económico sostible na provincia de Lugo.
• Loitar contra a discriminación no mercado laboral.
• Promover a igualdade de xénero.
• Facilitar formación e prácticas profesionais.
Os itinerarios integrados de inserción socio- laboral compostos por formación específica, transversal, complementaria, práctica profesional non laboral, tutorías e orientación laboral son os que se relacionan:
Formación específica:
1) Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
2) Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
3) Técnico en transporte sanitario.
4) Operacións básicas de restaurante e bar.
5) Operacións básicas de cociña.
6) Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
Formación transversal obrigatoria:
1) Fomento das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
2) Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social.
3) Fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
4) Fomento do coidado e do respecto ao medio ambiente
Formación complementaria:
1) Asesoramento na función xerencial e no autoemprego