Menu toggle
Innovación e TIC

O Centro de Operacións de Ciberseguridade para Entidades Locais (COCS-EELL), é un organismo de referencia da ciberseguridade a nivel nacional, o cal está xestionado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría Xeral de Administración Dixital.

A Deputación de Lugo adheriuse ao Centro de Operacións de CiberSeguridade para Entidades Locais (COCS-EELL) en febreiro de 2025, e ten por cometido actuar como interlocutor e coordinador ente o COCS-EELL e os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para que estes soliciten e implanten as solucións e servizos de seguridade que ofrece o centro, de xeito que se forneza e mellore o estado da ciberseguridade nos concellos. Así, o COCS-EELL ofrecerá aos concellos da provincia unha serie de solucións e servizos de ciberseguridade englobados en 6 grandes grupos (Prevención, Protección, Detección, Resposta, Asesoría, Xestión) que non terán custe algún para os concellos e que non suporán esforzo para os traballadores dos mesmos, xa que a carga de traballo a terán os propios técnicos do COCS e da Deputación de Lugo. Ademais, as solucións implantadas terán 5 anos de mantemento e soporte de fabricante.

O catálogo de servizos e solucións dispoñibles é o seguinte:

  1. PREVENCIÓN:

    1. Análise de vulnerabilidades

    2. Probas de seguridade

    3. Análise de seguridade de código

    4. Vixilancia dixital

    5. Capacitación e concienciación en seguridade

    6. Apoio e remediación de vulnerabilidades

  2. PROTECCIÓN:

    1. Servizos de seguridade perimetral

    2. Servizos de navegación limpa

    3. Servizos de correo limpo

    4. Servizos de acceso remoto seguro

  3. DETECCIÓN:

    1. Provisión dun sistema EDR

    2. Monitorización de eventos de seguridade

    3. Detección de incidentes de seguridade

    4. Procura proactiva de ameazas

  4. RESPOSTA:

    1. Análise e resposta a incidentes de seguridade

    2. Soporte á xestión de crises

    3. Análise forense

    4. Vixilancia Dixital

    5. Laboratorio de análise de malware

  5. ASESORÍA:

    1. Asesoramento en ciberseguridade

    2. Asesoramento legal

  6. XESTIÓN:

    1. Apoio á difusión

    2. Información de estado de seguridade

    3. Coordinación técnica COCS-Deputación de Lugo

Máis información na seguinte infografía

logo cocs-eell