Menu toggle
Innovación e TIC

INNOVATE2: DEP. DIXITAL

 

innovate

 

InnovaTE2: Dep. Dixital é un proxecto xestionado pola Deputación de Lugo e cofinanciado a través das axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para proxectos de desenvolvemento local e urbano.

A creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e a mellora das infraestruturas e servizos locais, a promoción da conciliación familiar e a cohesión social, o aforro de custes para as administracións locais son só algúns dos beneficios que xenera este plan.

Actividade 1.- Deputación sen papeis

O obxetivo principal desta actuación é consolidar a administración electrónica na Deputación a través da implantación de novos sistemas de información e novas formas de traballo, mellorando a eficiencia interna da organización e ofreciendo un mellor servizo aos cidadáns. Os obxectivos específicos desta actuación son:

  • Redución de custes.
  • Modernización dos sistemas de xestión interna.
  • Maior axilidade na tramitación de expedientes

Actividade 2.- Potenciación do servizo de atención ao cidadán e empresas a través de medios telemáticos, telefónicos e presenciais (multicanle)

O principal obxectivo desta actuación é axudar e asesorar aos cidadáns e empresas no uso das novas tecnoloxías. Para isto preténdese mellorar o servizo ofrecido ao usuario aproveitando as experiencias do proxecto InnovaTE; deste modo amplíase e consolídase a atención multicanle, é dicir, a atención presencial, telefónica e telemática do centro de información, apoio e atención ao cidadán e empresas. Como medidas de apoio á empresa, préstanse novos servizos en Innov@empresa, Centro de Asesoramiento Empresarial, potenciando a plataforma de comercio electrónico iniciada pola Deputación como medio de fomento do desenvolvemento económico da provincia, baseado nas novas tecnoloxías.

Actividade 3.- Mellora da conectividade da provincia

Mellora da conectividade existente entre as distintas dependencias municipais dos concellos e a Deputación; implantación de puntos de acceso wifi en casas consistoriais e espazos adxacentes.

Actividade 4.- Automatización de novos procedementos administrativos e plataforma de portais colaborativos.

Os obxectivos buscados con esta actuación son consolidar a oferta de servizos telemáticos cara o cidadán e a empresa para que exista un catálogo amplo que permita dar unha maior calidade na prestación dos servizos da administración local. Para isto, realizaranse as seguintes actividades:

  • Ampliación dos procedementos administrativos que se poden realizar por medios telemáticos
  • Creación de sinerxias de coñecemento entre distintos colectivos a través de portais colaborativos
  • Contribución ao desenvolvemento económico e social de distintas zonas da provincia lucense.

Actividade 5.- Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia

O seu obxectivo principal é mellorar a calidade de vida dos nosos maiores achegándoos ás novas tecnoloxías. Os seus obxectivos específicos son:

  • Educación, formación e alfabetización tecnolóxica á terceira idade.
  • Estimular a mente dos maiores mediante a interacción con dispositivos móbiles.
  • Estimulación funcional e motriz co uso de tecnoloxías tipo Knect, Wii Fit, etc.

Actividade 6.- Información e publicidade

Mediante o desenvolvemento desta actuación preténdense conseguir os seguintes obxectivos:

  • Promoción do proxecto na zona de actuación
  • Implicar aos interesados no desenvolvemento do proxecto
  • Fomentar o uso responsable dos recursos municipais