Proxecto singular destinado a concellos que favorece o paso a unha economía baixa en carbono a través da renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior. A través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo intermedio encargado da xestión de fondos europeos, aprobouse recentemente unha liña de subvencións mediante concesións directas para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en Carbono no marco do programa operativo FEDER do crecemento sostible 2014-2020.
Debido á experiencia acumulada pola Deputación de Lugo neste tipo de fondos, e en virtud do disposto no artigo 5.b) do Real Decreto 616/2017, este organismo, en representación dunha agrupación formada por concellos da provincia que de xeito individual non superen os 20.000 habitantes, ten a intención de actuar a través do Proxecto ILUMIN@. Dentro das distintas medidas posibles solicitouse a Medida 6 “Renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior”. O obxetivo principal deste proxecto será a redución de gasto enerxético en, polo menos, un 30%, mediante uso de lámpadas con tecnoloxía LED, obtendo unha clasificación enerxética A ou B, segundo as bases do R.D. 616/2017.
Con data 16 de xullo de 2019 o IDAE notifica á Deputación de Lugo a RESOLUCIÓN FAVORABLE en virtude da cal o Proxecto ILUMIN@ obtivo a axuda solicitada na convocatoria regulada polo Real Decreto 616/2017*, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Dita convocatoria foi publicada no BOE do 17 de xuño de 2017. No proxecto ILUMIN@ participan 38 concellos da Provincia de Lugo.
Grazas ao proxecto ILUMIN@, as entidades locais recibirán unha axuda económica para a renovación de instalacións de luz por tecnoloxía máis eficiente, o que supoñerá un aforro conxunto de 62.000€ ao ano. A iniciativa forma parte do obxectivo estratéxico da Deputación de cooperar cos Concellos para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía.
O importe total do proxecto ILUMIN@ é de 722.590,36 €, sendo a cofinanciación do FEDER dun 80% 578.072,26 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 144.518,10€.
Esta iniciativa enmárcase “no obxectivo estratéxico da Deputación de cooperar cos Concellos para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía aforrando custes”.
Grazas ao programa ILUMIN@, os Concellos recibirán unha axuda económica para o cambio de luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED en instalacións municipais, como por exemplo alumeados públicos. Renovaranse instalacións de luz, co que se reducirá o consumo en 450.217 quilovatios ao ano, de xeito que, en termos económicos, o aforro conxunto nos 38 concellos superará os 62.000€ anuais, o que supón un 63% da facturación eléctrica das instalacións nas que se actúa.
A Deputación distribúe os fondos nos 38 Concellos que se sumaron ao proxecto en base ao seguintes criterios obxectivos: superficie, poboación, dispersión e esforzo fiscal. Segundo esta baremo, as cantidades que recibirá cada municipio e a finalidade á que as destinarán son as seguintes:
CONCELLO |
IMPORTE TOTAL DA ACTUACIÓN |
80%FEDER |
20% DEPUTACIÓN DE LUGO |
NOME DA ACTUACIÓN |
BARALLA |
17.079,48 |
13.663,58 |
3.415,90 |
"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR E SOBRADO" |
MEIRA |
13.249,69 |
10.599,75 |
2.649,94 |
“AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR EN REGOLONGO (MEIRA)" |
FRIOL |
27.611,34 |
22.089,07 |
5.522,27 |
"PROXECTO DE RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO EN SEIXÓN" |
QUIROGA |
18.994,34 |
15.195,47 |
3.798,87 |
"RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO, ILUMINACIÓN E SINALIZACIÓN EXTERIOR" |
BURELA |
13.249,69 |
10.599,75 |
2.649,94 |
"RENOVACIÓN E MELLORA DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PÚBLICO" |
NEGUEIRA DE MUÑIZ |
13.249,69 |
10.599,75 |
2.649,94 |
“AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR EN NEGUEIRA DE MUÑIZ" |
CASTRO DE REI |
24.739,05 |
19.791,24 |
4.947,81 |
"AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE CASTRO DE REI" |
A PASTORIZA |
20.909,23 |
16.727,38 |
4.181,85 |
"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN ALUMEADOS PÚBLICOS DE PASTORIZA" |
BEGONTE |
17.079,48 |
13.663,58 |
3.415,90 |
"RENOVACIÓN DE LUMINARIAS VSAP POR LED EN ALUMEADO EXTERIOR EN CTRA. SAAVEDRA E BALTAR-DAMIL- (BEGONTE)" |
RIOTORTO |
14.207,14 |
11.365,71 |
2.841,43 |
"RENOVACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO EN FERRERÍA, CHACÍN E VAL" |
CARBALLEDO |
20.908,95 |
16.727,16 |
4.181,79 |
"RENOVACIÓN DE LÁMPADAS E LUMINARIAS EXISTENTES POR LUMINARIAS DE TECNOLOXÍA LED" |
SOBER |
22.824,16 |
18.259,33 |
4.564,83 |
"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR" |
LOURENZÁ |
16.022,03 |
12.817,62 |
3.204,41 |
"AHORRO Y EFICIENCIA ENERXÉTICA EN LOS ALUMBRADOS PÚBLICOS DE ARROXO Y ALEMPARTE" |
OUROL |
22.815,36 |
18.252,29 |
4.563,07 |
"PROYECTO DE MEJORA DE EFICIENCIA ENERGÉTICA EN INSTALACIÓN DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN LOS NÚCLEOS DE A GARITA Y OS TEIXOS EN LA PARROQUIA DE BRAVOS" |
A POBRA DO BROLLÓN |
16.122,03 |
12.897,62 |
3.224,41 |
"MELLORA |
MONDOÑEDO |
17.079,48 |
13.663,58 |
3.415,90 |
"RENOVACIÓN DE LÁMPADAS E LUMINARIAS EXISTENTES POR LUMINARIAS DE TECNOLOXÍA LED NO CONCELLO DE MONDOÑEDO" |
XERMADE |
21.866,71 |
17.493,37 |
4.373,34 |
"PROYECTO DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN EL CONCELLO DE XERMADE" |
O VICEDO |
17.079,48 |
13.663,58 |
3.415,90 |
"PROXECTO DE ALUMEADO PÚBLICO NO LUGAR DE O PAZO-SAN ROMÁN VICEDO" |
NAVIA DE SUARNA |
17.079,48 |
13.663,58 |
3.415,90 |
"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA" |
LÁNCARA |
18.915,52 |
15.132,42 |
3.783,10 |
"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO NO CONCELLO DE LÁNCARA" |
CERVANTES |
18.913,26 |
15.130,61 |
3.782,65 |
"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE CERVANTES" |
O SAVIÑAO |
24.723,65 |
19.778,92 |
4.944,73 |
"EFICIENCIA ENERGÉTICA EN INSTALACIONES DE ALUMBRADO PÚBLICO EXTERIOR EN EL LUGAR DE CURRELOS" |
RIBEIRA DE PIQUÍN |
13.249,69 |
10.599,75 |
2.649,94 |
"PROXECTO DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN INSTALACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO EXTERIOR NO NÚCLEO DE SANTALLA, PARROQUIA DE SANTALLA" |
ALFOZ |
18.735,84 |
14.988,67 |
3.747,17 |
"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE ALFOZ" |
O PÁRAMO |
16.122,03 |
12.897,62 |
3.224,41 |
“RENOVACIÓN DE INSTALACIONES DE ALUMBRADO EXTERIOR DEL AYUNTAMIENTO DE O PÁRAMO EN LOS SIGUIENTES LUGARES: VILARIÑO/CODESAL/CABANA/CANCELA-LAGOA/CABANAS/SAN PEDRO/BICÁS/ARMADA/GÁNDARA” |
RÁBADE |
11.335,28 |
9.068,22 |
2.267,06 |
"PROXECTO DE RENOVACIÓN DE ALUMEADO EN RÁBADE" |
AS NOGAIS |
14.207,06 |
11.365,65 |
2.841,41 |
"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE AS NOGAIS" |
GUNTÍN |
18.994,37 |
15.195,50 |
3.798,87 |
"RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO EXTERIOR DO CONCELLO DE GUNTÍN DO SEGUINTE LUGAR: GRUPO ESCOLAR" |
CASTROVERDE |
18.036,92 |
14.429,54 |
3.607,38 |
"AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA EN ALUMEADO PÚBLICO DE CASTROVERDE" |
SAMOS |
16.758,70 |
13.406,96 |
3.351,74 |
"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DE SAMOS" |
TRABADA |
17.079,48 |
13.663,58 |
3.415,90 |
"PROYECTO DE AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE RABEXA, RETORTA Y SAN MARTIN" |
O INCIO |
17.925,40 |
14.340,32 |
3.585,08 |
"RENOVACIÓN DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN PÚBLICA NO CONCELLO DO INCIO" |
FOLGOSO DO COUREL |
14.207,11 |
11.365,69 |
2.841,42 |
"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR EN FERRAMULÍN-VILELA" |
PANTÓN |
21.866,70 |
17.493,36 |
4.373,34 |
"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR" |
O VALADOURO |
20.852,57 |
16.682,06 |
4.170,51 |
"PROXECTO DE REFORMA DO ALUMEADO PÚBLICO EN DIVERSOS LUGARES DA PARROQUIA DE BUDIAN, NO CONCELLO DO VALADOURO" |
COSPEITO |
22.824,16 |
18.259,33 |
4.564,83 |
"AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN EL ALUMBRADO PÚBLICO EN XUSTAS" |
VILALBA |
38.143,30 |
30.514,64 |
7.628,66 |
"RENOVACIÓN DO ALUMEADO EXTERIOR NAS RÚAS PLÁCIDO PEÑA E OUTRAS (CONCELLO DE VILALBA)" |
MONFORTE DE LEMOS |
27.532,51 |
22.026,01 |
5.506,50 |
"RENOVACIÓN DE LAS INSTALACIONES DE ALUMBRADO, ILUMINACIÓN Y SEÑALIZACIÓN EXTERIOR-C/ROSALÍA DE CASTRO, C/CONCEPCIÓN ARENAL, C/SEVERO OCHOA Y C/LOPEZ SUAREZ DE MONFORTE DE LEMOS" |
TOTAL |
722.590,36 |
578.072,26 |
144.518,10 |
|