Explotación ovina de produción ecolóxica. Casa da Armada (Friol)
A “Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia” (OVICA), é a primeira e única asociación que logrou reunir a produtores de gando ovino e cabrún, tanto de carne como de leite, dispersos por toda a xeografía galega, aínda que con predominancia na provincia de Lugo. Foi constituída por trece gandeiros no mes de Abril do ano 1994. Xurdiu como resposta a unha serie de inquedanzas sectoriais e produtivas. Tratábase de xente que confiaba nas posibilidades do sector, tanto no senso económico como alternativa de desenvolvemento e valorización do medio rural. Este foi o primeiro paso cara unha futura organización dentro do sector.
OVICA funciona de xeito asembleario, xa que se trata dunha entidade asociativa, na que tanto socios/as como cargos directivos son gandeiros/as. Nun primeiro momento, conséguese formar un grupo de gandeiros de toda Galicia, interrelacionados e con contacto habitual para lograr a resolución de pequenos problemas que ían xurdindo nas granxas.
Os promotores da idea tiñan moitas inquedanzas sobre da situación do rural. Tiñan claro que se atopaban ante un sector totalmente desartellado e falto de estruturas. Era practicamente imposible atopar foros de debate onde os gandeiros/as puidesen expoñer as súas dúbidas e inquedanzas, tanto produtivas como sectoriais. Detectouse unha eiva importante na formación técnica axeitada, non só en moitos gandeiros/as, senón tamén nos técnicos/as, xa que eran moi poucos os que tiñan dirixido o seu camiño laboral cara este sector. As primeiras metas e obxectivos que se marcaron inicialmente foron: a defensa dos intereses dos asociados/as, a solicitude de axudas en común, a obtención de todo tipo de información sobre o sector ovino e cabrún e a promoción e comercialización dos seus produtos.
A asociación ten, entre outros os seguintes obxectivos recoñecidos nos seus Estatutos:
A crise sanitaria propiciada pola COVID-19 castigou severamente ao sector ovino e caprino, as vendas das ganderías asociadas a OVICA baixaron tanto en cantidade como en prezo. Para intentar mellorar a situación a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade apoia o plan de “fomento e difusión do sector ovino e cabrún na provincia de Lugo” cunha axuda de 3.800 €. Este plan inclúe a renovación da páxina web, para que sexa unha verdadeira canle de comunicación e información útil para as persoas con ganderías de ovino e caprino, poñer en marcha a canle de comercialización directa “Pastores de Galicia”, así como publicitala e facela visible aos consumidores a través da plataforma ofertada polo diario “El Progreso”.
No ano 2012, Ovica crea a Cooperativa Vélaro S. Coop. Galega, que ven a substituír á extinta Coviga. O principal motivo da creación da nova Cooperativa foi redefinir o modelo de comercialización apostando pola calidade dos produtos dos nosos gandeiros/as, evitando as canles de distribución que non apoian a diferenciación na produción de carne de cordeiro e cabrito. Ademais, o novo impulso e creación desta cooperativa permitiu que os gandeiros de ovino que o desexases puidesen solicitar as “Axudas para compensar as desvantaxes específicas que afectan os agricultores do sector ovino”.
A Cooperativa ten entre os seus obxectivos fundamentais:
No ano 2015, Ovica crea a marca de garantía colectiva “Pastores de Galicia”, que aglutina a todo o sector e pretende recoñecer o valor e a calidade do cordeiro e cabrito producidos en Galicia, en base a un sistema de manexo extensivo ou semiextensivo coa cría amamantándose da nai durante o ciclo de cebo, mentres esta pasta libremente polos pradeiras e pastizais dispoñibles na granxa e cunha finalización nas últimas semanas do ciclo con cereais ou penso para obter o punto óptimo de engraxamento.
A aprobación do Regulamento de uso da marca por parte da Dirección Xeral de Industrias Agroalimentarias dependente da Consellería de Medio Rural en Decembro de 2015, permitiu dar os primeiros pasos durante este 2016 á pedra angular na que debe constituirse esta ferramenta de comercialización para recoñecer definitivamente o valor do “año e cabrito do país” producido en Galicia dun xeito artesanal dende tempos inmemoriables e propiciar a profesionalización de todo o sector, acadando unha maior renda dispoñible aos gandeiros/as que poidan repercutila en reinversións nas súas granxas.
OVICA tamén ten presenza en Facebook, Twitter e Instagram.
Explotación caprina Granxa Cabuxa Natur (Guntín) |
Pastores de Galicia - Gandería Ana Y Alejandro SC Pastoreo (A Pontenova) |
Visita a explotación ovina Casa da Escola (Sober) |
Degustación en ExpoLugo Rural da carne comercializada por Pastores de Galicia. Restaurante Suso (Castro Riberas de Lea) |