Aproveitamento Silvopastoril en terras abandonadas ou improdutivas
A Asociación de Criadores da Raza Porco Celta (ASOPORCEL), foi creada no ano 1999 a instancias dun grupo de gandeiros que tiñan inquietude pola máis que probable desaparición da raza. É unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa ós criadores dispersos por toda a xeografía galega.
Na actualidade, ASOPORCEL continúa coa liña de traballo iniciada dende a súa creación, mantendo o obxectivo primordial de recuperar o patrimonio xenético desta raza, predominante en Galiza ata principios do século XX. Para acadar esta meta trabállase nos obxectivos marcados dende os seus inicios.
Obxectivos de ASOPORCEL:
No ano 2020 a área de Medio Rural, Mar e Mocidade colabora con ASOPORCEL con 3.988,30 €, co obxecto de colaborar no financiamento da execución da actuación denominada “Proposta para garantir a trazabilidade na produción e comercialización da raza Porco Celta”. A trazabilidade é fundamental para a recuperación e conservación da raza de Porco Celta, este proxecto axuda a identificar cada animal garantindo a súa autenticidade.
Ivan Rodriguez Paz, Director Técnico de Asoporcel |
Xornada de Degustacion de Cocido de Porco Celta (Premios Aresa Febreiro 2020) |
Embutido Curado de Porco Celta |