Menu toggle
Innovación e TIC

PACTO POLO EMPREGO I

 

pacto


O proxecto Lugo Pacto Provincial polo Emprego (convocatoria 2007) constituíuse dende sus inicios co único obxectivo de fomentar o emprego na provincia de Lugo (a excepción do concello de Lugo), centrándose para iso en deseñar accións formativas nos principais nichos de emprego identificados na provincia e dirixilas aos desempregados lucenses, en especial a aqueles colectivos máis desfavorecidos socialmente (menores de 30 anos, maiores de 45 anos, parados de longa duración e outros colectivos en risco de exclusión social).

Para acometer o obxectivo do proxecto foi necesario ao comezo do mesmo realizar un estudo de identificación das principais necesidades formativas da provincia, a través do cal identificáronse as profesións con maior potencial de xerar emprego en cada un dos concellos lucenses, a excepción do de Lugo. Dirixíronse a aqueles perfís laborais máis desfavorecidos socialmente.

O resultado do estudo realizado concluiu que as accións formativas a potenciar para fomentar o emprego daqueles colectivos máis desfavorecidos recaeu en actividades profesionais vencelladas á atención socio- sanitaria de persoas con especiais necesidades (nenos, terceira idade, persoas dependentes, discapacitados, etc.) e con actividades do sector da hostalería e turismo. Non obstante, e nunha segunda etapa do proxecto tras a finalización das accións formativas deseñadas inicialmente, o emprego tentouse potenciar tamén a través da formación en actividades profesionais con amplas oportunidades de busca de emprego (empregos verdes comercio internacional, TIC´s, etc.).

Como fruto deste estudo conformouse o Plan de Emprego, constituído por un itinerario de inserción socio- laboral composto por formación específica, transversal, complementaria e práctica profesional non laboral, tal e como se reflicte a continuación:

Formación específica:

  1. Atención socio- sanitaria a persoas no domicilio
  2. Atención socio- sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  3. Coidador de discapacitados físicos e psíquicos
  4. Atención especializada a enfermos de Alzheimer
  5. Auxiliar de enfermaría en xeriatría
  6. Monitor socio- cultural
  7. Monitor actividades tempo libre infantil e xuvenil
  8. Servizos de restaurante e bar
  9. Aproveitamentos forestais
  10. Promoción turística local e información ao visitante
  11. Técnico de transporte sanitario
  12. Operacións auxiliares de fabricación
  13. Operacións básicas de pisos e aloxamentos
  14. Produtor de hortalizas ecolóxicas
  15. Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería
  16. Instalador de impermeabilización
  17. Mantemento e reparación de calefacción e auga quente sanitaria
  18. Edificación sostible
  19. Técnico en comercio exterior
  20. Xestión comercial de vendas
  21. Administrador de servidores e páxinas web
  22. Dinamización de actividades tempo libre educativo infantil e xuvenil

Formación transversal obligatoria:

  1. Fomento das novas tecnoloxías da información e a comunicación
  2. Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social
  3. Fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
  4. Fomento do coidado e do respecto ao medio ambiente
  5. Sensibilización ambiental
  6. Prevención de riscos laborais
  7. Igualdade de oportunidades
  8. Manipulador de alimentos
  9. Novas tecnoloxías de información e comunicación

Formación complementaria:

  1. Emprendedurismo colaborativo
  2. Obradoiro de autoemprego
  3. Obradoiro de busca de emprego
  4. Obradoiro de habilidades sociais