OVICA (Asociación de criadores de ovino e caprino de Galicia) naceu en 1994. Nestes anos logrou agrupar a produtores de gando ovino e caprino, tanto de carne coma de leite no conxunto de Galicia.
Desde a área de Medio Rural, Mar e Mocidade, apoiamos á OVICA e a súa aposta polo desenvolvemento e valorización do medio rural colaboramos na celebración de cursos de rapa profesional, mediante unha axuda nominativa de 8.500 euros. Un proxecto fundamental para a profesionalización do sector primario e do tecido produtivo da provincia de Lugo, mediante a formación regrada e de calidade.
Esta actuación consiste na aprendizaxe da técnica propia do esquileo, e no coñecemento de diversos aspectos relativos á explotación, manexo, fisioloxía e morfoloxía deste tipo de animais. Contou ademais coa posibilidade de poñer en práctica os coñecementos nun rabaño. O curso contou con 20 horas de teoría e 20 horas dpara poñer en práctica o manexo das máquinas de tosquiado nunha granxa de ovino pertencente a asociación e da man de tosquiadores profesionais.
|
|
|
|
|
|
|
|
|