Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade
PURAGA
Cabalos de Pura raza galega

Cabalos de Pura Raza Galega. Gandeiría Luciano e Moisés García (Mondoñedo)

A Asociación de criadores do cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) é unha asociación sen animo de lucro, creada en outubro de 2005. O obxectivo primordial desta asociación é a de preservar e protexer o Cabalo de Pura Raza Galega, representando, defendendo e promovendo unha mellora na conservación da mesma e do fomento da cría entre os gandeiros e gandeiras da nosa comunidade.

O sistema de cria tradicional achéga ao Cabalo de Pura Raza Galega un gran valor medioambiental, ademáis da importancia etnográfica e turística e do importante papel na definición e conservación da paisaxe. 

Dende PURAGA lévase a cabo un traballo de valorización do Cabalo de Pura Raza Galega, como ferramenta para a xestión de espazos, buscando unha rendibilidade económica para os criadores da raza, por iso a creación dun libro xenealóxico é un dos principais obxectivos da asociación. Outros deles son

  • Realización de campañas de concienciación pública para dar a coñecer os cabalos PRG.
  • Promoción do uso do cabalo PRG no mundo hípico. Posta en valor das aptitudes innatas dos cabalos de Pura Raza Galega marchadores naturais, revalorizando estes animais.
  • Asesoramento e servicio aos gandeiros e gandeiras que o requiran, tanto a nivel sanitario e zootécnico.
  • Realización e organización de concursos, feiras e exhibicións.
  • Divulgación e valorización das posibilidades productivas da raza.
  • Campañas de sensibilización social e fomento da súa carne e os seus productos derivados.
  • Uso de certificados de calidade como Potro Gallego ou o selo 100x100 raza autóctona Cabalo de Pura Raza Galega 

Para fomentar o coñecemento das posibilidades da carne e dos produtos de poldro galego a Área de Medio Rural, Mar e Mocidade, apoia con 5.130 € a iniciativa “Promoción poldro galego e publicidade”  de PURAGA e a degustación que organiza co obxectivo de darlle visibilidade aos gandeiros criadores de Poldro Galego.

Co mesmo obxectivo editarase material de publicitario e un caderno informativo no que se poña en valor a influencia social e deportiva da Pura Raza Galega e se dea a coñecer a súa historia e o valor medioambiental da súa cria.

Cabalos de Pura raza galega no curro. Imaxe cedida pola Asociación

Cabalos de Pura Raza Galega no curro de Boimente (Viveiro)

carne de poldro

Carne de poldro. Imaxe cedida pola asociación

Cabalos de Pura raza galega. Imaxe cedida pola Asociación

Cabalos de Pura Raza Galega na serra do Xistral