O programa ImpulsaTIC xorde para desenvolver a Orde TER/836/2022, de 29 de agosto, pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia publicada no BOE o xoves 1 de setembro de 2022. Este programa agrupa os proxectos e iniciativas presentados pola Deputación de Lugo destinados a fomentar e facilitar a transformación dixital e a modernización dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Lugo.
O programa ImpulsaTIC componse de tres proxectos concretos que se ofreceron a todos os concellos da provincia de Lugo de menos de 20.000 habitantes e que van destinados a cumprir coas liñas estrátexicas marcadas na Orde TER/836/2022 do Ministerio de Política Territorial
Implantación dos servicios de interoperabilidade obrigatorios:
a)Integración do rexistro municipal co sistema SIR de intercambios rexistrais.
b)Integración do tramitador de expedientes electrónico co sistema de notificacións do Estado, Notific@ a través da Dirección Electrónica Habilitada única (DEHú).
c)Integración do sistema de tramitación electrónico de facturas, a través da integración e adhesión ao punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado: FACe.
d)Integración do tramitador de expedientes electrónico municipal coa Carpeta Ciudadana do sector público estatal, para remitir información dos expedientes que se tramitan dende ese municipio.
Implantación de outros servicios de interoperabilidade opcionais
Concellos da provincia de Lugo resilientes, creación de oficinas municipais de prestación de servizos electrónicos aos cidadáns e implantación do sistema de automatización e dixitalización das sesións plenarias municipais
Oficinas de asistencia en materia de rexistro.
Consiste en reconverter o servizo de Rexistro municipal nunha oficina de asistencia cidadá, onde os cidadáns poidan realizar os seus trámites online cos seus propios terminais baixo a supervisión dos funcionarios ou solicitar a estes funcionarios que os asista e realice trámites electrónicos no seu nome, tanto de propio concello como doutra entidade públicas. Crearase un Rexistro Público de Funcionarios Habilitados e darase cumprimento aos artigos 12 e 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.
Subministración do equipamento necesario (PCs, All-in-one, tablets, escaners de mesa) para reconverter o servizo de Rexistro municipal nunha oficina de asistencia cidadá, onde os cidadáns poidan realizar os seus trámites online cos seus propios terminais baixo a supervisión dos funcionarios ou solicitar a estes funcionarios que os asista.
Esta actuación vai aliñada coa actuación subvencionable III establecida no artigo 5 da Orde TER/836/2022, no referente á liña estratéxica 4: Infraestruturas físicas e puntos de acceso dixital.
Concellos resilientes.
Consiste en dotar aos concellos de ferramentas colaborativas cloud así como de equipos que faciliten a mobilidade e o traballo a distancia. Mellorarase a seguridade dos sistemas e da infraestrutura de rede, para fomentar un teletrabajo seguro e eficiente.
Subministración de ferramentas colaborativas cloud (de ofimática cloud en modo SaaS) así como de equipos que faciliten a mobilidade e o traballo a distancia (portátiles con dock station)
Esta actuación vai aliñada coa actuación subvencionable II establecida no artigo 5 da Orde TER/836/2022, no referente á liña estratéxica 4: Implantación de postos de traballo intelixentes.
Videoplenos.
Automatización do proceso de creación a acta dos plenos municipais, a través da implantación dun sistema que permita gravar as sesións plenarias e que esta gravación sirva como base para a acta do pleno.
Subministración e instalación, en cada un dos salóns plenarios municipais, do equipamento (cámaras, micrófonos, gravadores, etc) e do software necesario para automatizar o proceso de creación de actas dos plenos municipais, a través da substitución do acta en papel por unha gravación asinada dixitalmente da sesión (acorde ao decreto 24/2018, del 15 de febreiro, sobre os libros de actas e de resolucións das entidades locais galegas aprobado pola Vicepresidencia e Consellería de presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia)
Concellos da provincia de Lugo abertos, transparentes e accesibles
Ferramentas de accesibilidade na web municipal.
De cara a mellorar a accesibilidade das webs corporativas municipais, ofrecerase un servizo cloud que establecerá unha capa sobre a propia web ofrecendo ferramentas para facilitar acceso e a navegación a persoas con dificultades: lectura da web, axustar tamaños de letras, navegación por teclado ou por voz, etc.
Implantación dun chatbot na web municipal para a axuda ao cidadán
Servizo de chatbot integrado coa web municipal adestrado para responder as principais consultas dos cidadáns e que os guíe na consulta dos servizos públicos
Implantación dun módulo de transparencia financeira no portal de transparencia do concello
Revisión dos portail de transparencia municipais co obxectivo de aumentar o cumplimento dos indicadores qeu establece o organismo Transparencia Internacional España. Proponse complementar o portal de transparencia do concello cun módulo adicional que permita ao contribuínte ver, de forma gráfica, o estado do orzamento e a qué se destinan os seus impostos, partindo da información que a entidade xa debe comunicar de forma periódica a diferentes entes fiscais (tribunal de contas, etc).