Menu toggle
Medioambiente

Aberto o 1º Centro de Recría Público de Gando da Deputación

O Goberno da Deputación puxo en funcionamento o 1º centro de recría público de gando vacún de leite que existe en España, que construído en solitario cunha inversión de 12 millóns de euros, logo de que a Xunta de Galicia rexeitase colaborar.

Sitúase en terreos da Deputación na Granxa Gayoso Castro, no Concello lucense de Castro de Rei; e a súa xestión é de rigoroso control público por parte da Deputación e coa colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago de Compostela.

O Centro de Recría da Deputación de Lugo poder acoller a 3.000 novillas, duplicando a capacidade de recría que existe hoxe en Galicia. O prezo da recría é de 2,39 céntimos ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos: transporte, tratamentos de fertilidade, alimentación, control sanitario, revisións veterinarias... a diferenza dos centros privados.

Teñen prioridade de acceso os gandeiros da provincia e logo os do resto de Galicia. Os interesados poden facer as súas consultas en info@recriacastro.es, www.recriacastro.es  ou  www.deputacionlugo.gal ou directamente no 650-664-776.

Ligazóns