Menu toggle
Medioambiente

CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2022

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 8 de abril de 2022, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2022.

Resolución definitiva

O pasado 16.07.2022 publicouse no BOP de Lugo a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2022.

Resolución definitiva da convocatoria (enlace ao BOP do 16.07.2022)

De acordo coas bases da convocatoria, esta resolución definitiva non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP e na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal.

Esta resolución pon fin a vía administrativa, podendo interpor contra a mesma recurso de reposición, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación no BOP da resolución de concesión ou denegación, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación no BOP da resolución de concesión ou denegación, e na forma prevista na lexislación reguladora de dita Xurisdición, todo elo, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime procedente.

En canto á execución das actividades subvencionadas, segundo as bases da convocatoria, os beneficiarios da subvención incluirán a imaxe corporativa da Deputación de Lugo, e particularmente, do 50 Aniversario do Programa MaB e da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses, segundo o caso.

Por último, o prazo de execución da actividade subvencionada será dende o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro do 2022.

Presentación de xustificación

De acordo co previsto nas bases da convocatoria, as xustificacións formularanse de xeito electrónico, dirixidas ao Presidente de Deputación de Lugo, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, a través da Sede Electrónica da Deputación Provincial de Lugo, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1. da LPACAP.

A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario, e a súa presentación realizarase no prazo de tres meses a contar a partir da execución da actividade e, en calquera caso, rematará o 31 de marzo de 2023.

Para presentar a documentación (en PDF) na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Subvencións concorrencia
  • Alta de solicitude

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

    Para máis información:

    Teléfono: 982 227 813

    E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

                ancareslucenses@deputacionlugo.org

    Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese:

    Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar