A Deputación mellorará a Casa da Cultura e acondicionará o aparcamento da Escola de A Pinguela, en Alfoz do Castrodouro
A institución provincial aprobou esta mañá un convenio co concello de Alfoz do Castrodouro que permitirá levar a cabo a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura, así como acondicionar o aparcamento do entorno da escola de A Pinguela. Será a través dun investimento conxunto de preto de 59.000 euros.
Este venres tamén formalizáronse mediante sinatura dous convenios co concello de Ribeira de Piquín, un para a mellora de captación do abastecemento de auga e outro para a creación dunha cociña comunitaria. Pola tarde, está prevista a sinatura doutro convenio co concello de Trabada para a reapertura e posta en funcionamento do Punto de Atención á Infancia.
Ven, 23/10/2026 - 13:40