Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade

Ovellas pacendo. Área de Medio Rural, Mar e Mocidade

Gandaría de ovino As Sabugueiras SC (Riotorto)

O obxectivo da área de Medio Rural da Deputación é o fomento do desenvolvemento económico e social e a planificación do territorio provincial, a través da promoción dos sectores agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro, como sectores estratéxicos da economía da provincia, pois son xeradores de oportunidades de emprego que redundan na fixación de poboación nas zonas rurais. 

A transformación, comercialización, promoción e posta en valor dos produtos do sector primario, con calidade diferenciada debe ser un dos obxectivos estratéxicos da área.

O fin último é o de propiciar as condicións óptimas para que se produza unha fixación real de poboación no noso rural. Por tanto, fomentarase a implantación de políticas efectivas de desenvolvemento rural nas que sexa a veciñanza quen nos traslade as súas demandas e necesidades, de xeito que se poidan garantir un xeito de vida digno e sostible no tempo desde un punto de vista social, económico e medio ambiental. Fomentarase a creación das condicións necesarias no noso rural para ese asentamento ou incorporación de xente nova á actividade agrogandeira.

Liñas estratéxicas da área de Medio Rural, Mar e Mocidade:

  • Mellora da competitividade das granxas e explotacións agrogandeiras, forestais e pesqueiras; dos seus produtos e dos seus respectivos transformados ou elaborados.
  • Apoio á sustentabilidade, diversificación e multifuncionalidade dos sectores agrario, gandeiro, forestal e pesqueiro.
  •  Promoción da diversificación económica, da rehabilitación e consolidación dos amentados sectores, e da mellora da calidade de vida nas zonas rurais.
  • Mellora da xestión das terras por medio da ordenación de usos, a redución da superficie abandonada e a ampliación da dimensión territorial das explotacións.