A finalidade dos proxectos LugoJob é conceder axudas para estancias no estranxeiro de carácter formativo-profesional, a través da realización de prácticas en empresas no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente-Proxecto de Mobilidade Leonardo da Vinci.
Ditas estancias teñen como fin prioritario acadar a especialización profesional dos beneficiarios aumentando as súas posibilidades de inserción no mercado laboral permitíndolles adquirir novas habilidades e aptitudes profesionais.
As bolsas europeas Leonardo da Vinci están dirixidas a mozas e mozos da provincia menores de 35 anos con titulación universitaria obtida nos últimos cuatro anos, desempregados e preferiblemente sen experiencia laboral.
Os países de destiño son Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda.
A duración das estancias é de 14 semanas nas que se realiza un curso de idiomas que mellore as competencias dos participantes e lles axude na súa adaptación á cidade de acollida de dúas semanas de duración, e tres meses de prácticas profesionais en empresas do sector de formación.
Realizáronse tres edicións: