O Centro de Operacións de Ciberseguridade para Entidades Locais (COCS-EELL), é un organismo de referencia da ciberseguridade a nivel nacional, o cal está xestionado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría Xeral de Administración Dixital.
A Deputación de Lugo adheriuse ao Centro de Operacións de CiberSeguridade para Entidades Locais (COCS-EELL) en febreiro de 2025, e ten por cometido actuar como interlocutor e coordinador ente o COCS-EELL e os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para que estes soliciten e implanten as solucións e servizos de seguridade que ofrece o centro, de xeito que se forneza e mellore o estado da ciberseguridade nos concellos. Así, o COCS-EELL ofrecerá aos concellos da provincia unha serie de solucións e servizos de ciberseguridade englobados en 6 grandes grupos (Prevención, Protección, Detección, Resposta, Asesoría, Xestión) que non terán custe algún para os concellos e que non suporán esforzo para os traballadores dos mesmos, xa que a carga de traballo a terán os propios técnicos do COCS e da Deputación de Lugo. Ademais, as solucións implantadas terán 5 anos de mantemento e soporte de fabricante.
O catálogo de servizos e solucións dispoñibles é o seguinte:
PREVENCIÓN:
Análise de vulnerabilidades
Probas de seguridade
Análise de seguridade de código
Vixilancia dixital
Capacitación e concienciación en seguridade
Apoio e remediación de vulnerabilidades
PROTECCIÓN:
Servizos de seguridade perimetral
Servizos de navegación limpa
Servizos de correo limpo
Servizos de acceso remoto seguro
DETECCIÓN:
Provisión dun sistema EDR
Monitorización de eventos de seguridade
Detección de incidentes de seguridade
Procura proactiva de ameazas
RESPOSTA:
Análise e resposta a incidentes de seguridade
Soporte á xestión de crises
Análise forense
Vixilancia Dixital
Laboratorio de análise de malware
ASESORÍA:
Asesoramento en ciberseguridade
Asesoramento legal
XESTIÓN:
Apoio á difusión
Información de estado de seguridade
Máis información na seguinte infografía