A innovación ocupa un lugar destacado na estratexia da Unión Europea para xerar crecemento e emprego. Considera que os grandes retos do noso tempo son a enerxía, a seguridad alimentaria, o cambio climático e o envellecemento da poboación.
A Deputación de Lugo, na súa política de reforzar a estratexia de desenvolvemento local e urbano, e co obxectivo de sensibilizar á poboación na resolución de problemas comúns, ten participado activamente en diversos programas europeos, tales como InLugo, proxecto innovador cuxo obxectivo principal é o impulso dun modelo de crecemento social baseado nas TIC; Lugowork; Innovate, Lug02, Pacto polo Emprego. Actualmente, e dentro do período de programación 2014-2020, este organismo participa en Life in Common Land e Lugo InLumin@, co fin de conseguir melloras na conservación do medio ambiente e o aproveitamento do medio rural.